Thursday 25 de April de 2024

Cambio de horario na Casa da Cultura de Fene


A partir deste xoves, 10 de setembro, cambia o horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” e Museo do Humor de Fene.

Con este novo horario -modificado únicamente en períodos de vacacións escolares- a Casa da Cultura, a Biblioteca Municipal e o Museo do Humor de Fene abrirán de luns a venres, de 10:00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Domingos e festivos, estas instalacións permanecerán pechadas.